domingo, 1 de xuño de 2014

Estrafalario

As cousas, incluso as boas, necesitan un tempo para ilas incorporando con algo de xeito á vida diaria. 
E aquí pasamos de mandar recados a mandar WhatsApps nun espazo cósmico moi reducido. É como se aos neandertais lles chega de súpeto a bisagra de bolboreta ou o grifo monomando.
A rapidez coa que nos está asolagando a tecnoloxía non nos permite xestionar cun mínimo de sentido o patrimonio recibido; e pasamos de ser donos invisibles dunha marabilla herdada a exhibirnos como propietarios franquiciados dunha serie de  trapalladas estrafalarias.

Foto: CocaCola na corredoira. Trapalladas a granel.

8 comentarios:

Ginebra dixo...

Buena reflexión, Chousa.
Yo creo que no sabemos usar las nuevas tecnologías, en general, lo que veo a mi alrededor es "más abuso y poco uso racional".
Creo que el neandhertal era un poco más inteligente, el Homo Sapiens actual no da signos de mucha inteligencia, sino de lo contrario: de mucha estupidez (esto es una opinión personal, por supuesto)
Besos

Raposo dixo...

Home, tiña que ter ó lado unha máquina de tabaco!

A.C. dixo...

De vez en cando tamen das caña eh Chousiña. E boa falla que fai, que mira o mal que cuidamos o noso patrimonio. Esas cousas tiñan que ter delito e non outras
Bicos

Uol Free dixo...

E canto máis rechamangueiras, mellor.
Non temos arranxo!!
Bicos.

Anónimo dixo...

Íbamos una vez un grupo de jóvenes entusiastas una mañana de primavera de paseo por la campiña leridana, y tras mucho caminar y caminar entre tanto campo de cereal sin ver una fuente ni una sombra, nos entró un poco de sed. Vimos a lo lejos unas casas, pensamos que sería un pueblo y hacía allí encaminamos nuestros pasos, seguros de hacer bien desviándonos un trecho. Como en todo pueblo que se precie hay un bar, allí podríamos tomarnos algo.
Pero aquello no era un pueblo, solamente 5 casas agrupadas.
Lo bien que nos hubiera ido una máquina de esas. Menos mal que una vecina ya mayor, y que no estaba en ese momento consagrada a las labores del campo, nos vio muerticos de sed y calor y nos sacó unos vasitos de agua del grifo que nos sentaron como la gloria...
A la máquina de coca-colas de la foto le sentaría bien un disfraz vintage, pero si eso es el único "abrevadero" humano en varios kilómetros, estoy convencida de que a más de uno le sacó de un apuro.

paideleo dixo...

Lembro que de pequeno debuxei un barco a remos cun canón antiaéreo e meu pai díxome que iso non podía ser.
O tempo acabou dándome a razón.

J Cima D Vila dixo...

Cala... que eu ando co xoguete novo.. unha tablet.

Alís dixo...

E aínda presumimos diso.

Boa reflexión e mellor contada.
O comentario de Paideleo tamén é moi bo.

Bicoss