xoves, 10 de agosto de 2017

Suspiro

Falar, en ocasións, pode escarallar instantes fermosísimos. Cecais por iso hai momentos nos que perdemos a posibilidade de articular frases conexas. Soamente é posible a conexión de suspiros...
Aprender a calar é unha disciplina artística difícil de dominar. Saber interpretar o silencio é o segundo curso da mesma licenciatura.
Calemos moito e suspiremos máis. Motivos hainos. Razóns tamén. Chssssss
 
Foto: Suspiro atrapado.

3 comentarios:

Raposo dixo...

Quizais por iso din que hai silencios que valen máis ca mil palabras. Xa que logo eu non vou dicir nada.

Ginebra dixo...

Un buen texto que en poco espacio dice mucho. Parloteamos más que callamos y estoy de acuerdo: interpretar los silencios es un arte y saber callar también. Cuántos disgustos nos ahorraríamos si supiéramos cerrar el pico a tiempo!!!!!

paideleo dixo...

Nada que dicir.